Actualidad

La Cátedra Emalcsa amplía al 20 de diciembre el plazo para enviar candidaturas a sus Premios, a los que podrán optar estudiantes que hayan defendido sus TFM vinculados al agua en titulaciones de la UDC en los cursos 22/23 o 23/24

A Cátedra Emalcsa-UDC vén de ampliar ata o 20 de decembro o prazo para enviar candidaturas á cuarta edición dos seus Premios, aos que poderán optar os estudantes que defenderan con éxito o seu Traballo Fin de Máster (TFM), relacionado coa auga, en titulacións da Universidade da Coruña nos cursos académicos 2022/2023 ou 2023/2024.

A temática dos traballos presentados deberá ter relación cos sistemas de auga urbana e deberá estar enmarcada no ámbito DUSA (Desenvolvemento Urbano Sensible á Auga), cuxo obxectivo é integrar os elementos do sistema de auga urbano co desenvolvemento urbano e a xestión da conca fluvial en pos de maximizar os beneficios económicos, sociais e ambientais. Os traballos poden abarcar temáticas diversas, dende a auga en orixe até o consumidor, incluíndo estudos ecolóxicos, caracterizacións fisicoquímicas, sistemas de distribución, avances tecnolóxicos, ou percepción social, entre outros.

O premio ao mellor Traballo Fin de Máster terá unha dotación económica de 1000 euros. Así mesmo poderánse conceder até dous accésit de 500 euros se o xurado así o considera.

O xurado estará composto por:

  • Presidente: Sergio Rodríguez Roiloa, director da Cátedra Emalcsa-UDC.
  • Secretario: Ricardo Vázquez Pérez, director de I+D+i de Emalcsa.
  • Vogais: Ricardo Juncosa Rivera, catedrático da Universidade UDC, Enxeñería Civil; e Roberto Bao Casal, catedrático da Universidade UDC, Física e Ciencias da Terra.

Como en edicións anteriores, a presentación de traballos realizarase por medio deste formulario web.

Velaquí podedes consultar as bases destes IV Premios Cátedra Emalcsa-UDC.

Artículos recientes

Últimas noticias

Este sitio está registrado en wpml.org como sitio de desarrollo. Cambia a una clave de sitio de producción en remove this banner.